Español Galego English
Elisa Collarte

Unha adega con tradición familiar, situada no corazón da Comarca do Ribeiro, que elabora viño con uva autóctona dos seus propios viñedos. Unha das primeiras adegas da Denominación de Orixe Ribeiro e Elisa Collarte unha das súas primeiras mulleres Colleiteiras.

COÑECER MÁIS
A nosa tradición

Historia e tradición familiar

A adega, que ocupa o baixo da casa familiar, conta con máis de cen anos de antigüidade, e nela elaborábase viño utilizando técnicas tradicionais pasadas de xeración en xeración.

No 2000 realízase unha reforma na que se dota á adega coa tecnoloxía adecuada para elaborar viños de alta calidade. Elisa Collarte só produce viño 100% viticultor de elaboración propia.

Uvas autóctonas

Cultivamos unicamente variedades locais como Treixadura, Godello, Albariño, Loureira, e en tintos Mencía, Caíño e Sousón.

Denominación de Orixe

Todos os nosos viños están amparados baixo a prestixiosa Denominación de Orixe Ribeiro.

Bodega Elisa Collarte
Viñedos propios

Contamos con catro hectáreas e media de viñedo na parroquia de Santo André, con chans graníticos arxilosos.

Os nosos viños premiados

Descobre as nosas marcas

Actualmente elaboramos as seguintes marcas: "Sousón", "Santo André", "Paco y Elisa" e Elisa Collarte (Branco e tinto), todos eles elaborados con uva autóctona.

Ilustración edificio tradicional
Últimas novidades

Proximamente novas experiencias

Estamos a preparar novas experiencias para que poidas gozar da nosa adega e os nosos viños dunha forma única. Moi pronto poderás reservar visitas guiadas, catas personalizadas e eventos especiais nunha contorna privilexiada.

Mantente atento ás nosas redes sociais e esta sección para coñecer todas as novidades que estamos a preparar para ti.

INSTAGRAM CONTACTAR

Contacta connosco