1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
A empresa responsable do tratamento dos seus datos é Gumersindo Diéguez Collarte (en adiante Adega Elisa Collarte), con domicilio en San Andrés n°78, Ribadavia, Ourense, 32415, número de N.I.F.: 76722840S e correo electrónico de contacto: info@elisacollarte.es.
2. FINALIDADE DO TRATAMENTO
En Adega Elisa Collarte tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coas seguintes finalidades:
- Xestionar pedidos, consultas ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen á súa disposición.
- Xestionar o envío de información comercial sobre produtos e servizos, sempre que o usuario dese o seu consentimento para iso.
- Cumprir coas obrigas legais que nos resulten directamente aplicables e regulen a nosa actividade.
Non se tomarán decisións automatizadas en base ao seu perfil.
3. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO
O tratamento de datos persoais queda lexitimado en virtude das seguintes bases legais:
- A execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación de medidas precontractuais a petición do mesmo.
- O consentimento do interesado para o envío de información comercial relacionada con produtos e/ou servizos.
- O interese lexítimo perseguido polo responsable do tratamento para a atención de solicitudes, consultas ou reclamacións.
4. CONSERVACIÓN DOS DATOS
Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial, ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais. Unha vez cumprido o período correspondente, estes datos suprimiranse conforme ao disposto na normativa de protección de datos, o que implica o seu bloqueo, estando dispoñibles tan só a solicitude de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar para posteriormente ser eliminados.
5. DESTINATARIOS DOS DATOS
Os datos persoais non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal. En determinados casos, os datos poderán ser comunicados a prestadores de servizos vinculados ao responsable do tratamento (encargados de tratamento) que actúan por conta e nome de Adega Elisa Collarte e que formalizaron os correspondentes contratos de acceso a datos.
6. DEREITOS DAS PERSOAS INTERESADAS
Como titular dos datos, vostede ten dereito a acceder, actualizar, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer enviando un correo electrónico a info@elisacollarte.es con copia do seu DNI ou documento equivalente.
Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, na dirección postal e/ou electrónica indicada na páxina www.aepd.es.
7. PROCEDENCIA DOS DATOS
Os datos persoais que tratamos proceden directamente do interesado ou de fontes accesibles ao público no caso de datos de empresas. As categorías de datos que tratamos son:
- Datos de identificación (nome, apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónica, teléfono)
- Datos de características persoais (data de nacemento)
- Datos económicos e de transaccións (produtos adquiridos, histórico de compras)
Non se tratan categorías especiais de datos persoais.
8. ACTUALIZACIÓN DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE
É posible que se deba actualizar esta Política de Privacidade; por iso é necesario que revise esta política periodicamente e se é posible cada vez que acceda ao sitio web co obxectivo de estar adecuadamente informado sobre o tipo de información recompilada e o seu tratamento. Pode atopar a Política de Privacidade ao pé do sitio web.
Non obstante, comunicaremos calquera modificación da presente política de privacidade que afecte ao tratamento dos seus datos persoais.